Campamentos tecnolóxicos

La Coruña, La Coruña


Edades: 10 - 18
Idiomas: gallego

Guardar

Temática y tipo de campamento

  • Académico
  • Ciencia
  • Tecnológico
  • Junior
  • Urbano

Descripción

Axente secreto: sensores e alarmas [do 27 xuño ao 1 xullo // do 1 ao 5 agosto]

Xogamos a ser espías? Aprende a enviar información ultra-secreta, constrúe barreiras láser, coloca detectores de presenza e o máis divertido: sorprende aos teus amigos cunha mensaxe de voz cando se adentren nos teus dominios. Apúntate este clube de recontra-espionaxe!

[95€ material incluído]

 

Tecnoloxía para emprender no rural [do 4 ao 8 xullo // do 8 ao 12 agosto]

En colaboración co proxecto "Cultiva Mazás" da Casa Grande de Xanceda presentamos este interesante factorial. Descubre como automatizar o funcionamento dunha granxa ou como programar o regadío segundo a humidade do terreo e mesmo construiremos unha estación meteorolóxica. A vida no campo pode ser moi confortable!

[95€ material incluído]  

 

Sinfonía tecnolóxica: electrónica e música [do 11 ao 15 xullo // do 22 ao 26 agosto]

Constrúe unha harpa láser, o instrumento musical do século XXI. Fíos de luz que ao pasar a man fan soar notas. E se agora ensaiamos e formamos unha orquestra? Unha experiencia inesquecible!

[95€ material incluído]  

 

Construción dunha vídeo-consola retro [do 18 ao 22 xullo // do 29 agosto ao 2 setembro]

Deseña a túa consola portátil. Imprímea en 3D e instálalle videoxogos míticos: arkanoid, mario bros, tetris... Ademais crearás un pequeno videoxogo para compartir cos amigos. Achégate á programación dun xeito divertido!

[135€ material incluído]


Instalaciones

  • Aulas equipadas
  • WiFi

Actividades

  • Académicas
  • Cultural
  • Desarrollo de talento
  • Educativas

Galería de fotos


Empresa / Organización

aulas tecnolóxicas m8factorial